AGENDA
Segunda edición do curso de Ferramentas de IA para a comunicación empresarial de FEUGA. Os participantes coñecerán os métodos máis adecuados para elaborar prompts efectivos que lles axuden a comunicarse coa IA. Ademais, profundarán no uso de ferramentas de IA xenerativa como ChatGPT e Dall E, entre outras, que permiten automatizar tarefas cotiás a través da xeración de contidos de todo tipo.
Seis horas de formación práctica a través dunha videoconferencia en tempo real que se celebrará os días 15, 22 e 29 de abril de 12:00 h a 14:00 h.
A data límite de inscrición é o 9 de abril.