AGENDA
Os días 8, 9 e 10 de outubro, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, (CLUERGAL) organizará en Santiago «Energy Days» 2024.
Esta cita sectorial de referencia reunirá a profesionais do sector industrial e enerxético e abordará diferentes áreas como son eficiencia enerxética, renovables, mobilidade, iluminación, sustentabilidade e dixitalización.
O novo evento está baseado no modelo do Simposium Urban Solutions celebrado o ano pasado pero nesta ocasión coa industria e a enerxía como temas centrais. A sede será novamente o edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e contará co patrocinio e colaboración dun importante número de empresas e entidades.
Será un punto de intercambio de coñecemento, a través dun extenso bloque de relatorios, e un importante foro de networking, a través de cafés, xantares, entregas de premios e outras actividades. Cluergal Energy Days contará tamén cunha zona para a exposición de equipamentos e produtos relacionados coas temáticas do evento durante os seus tres días de celebración.
Toda a información na web: www.energydays.es