AGENDA
O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA organiza o vindeiro 7 de xullo unha actividade de baño de bosque no xardín do Pazo de Lóngora, actual sede do centro, guiada por Rosalía Santori, especialista en experiencias de benestar interior e autora do libro 7 herbas máxicas (Hércules de Edicións). As persoas asistentes poderán ademáis coñecer os fondos bibliográficos que esta biblioteca verde dispón vinculados a esta arte xaponesa.