AGENDA
Durante esta xornada, organizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Industria) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, destacados expertos en seguridade industrial abordarán temas clave, como os estudos que se levan a cabo para fomentar a seguridade, a importancia da seguridade industrial na empresa ou aplicacións de normativas, entre outros.
Este encontro representa unha oportunidade única para que profesionais, empresas e entidades do sectorse reúnan, intercambien ideas e fortalezan as súas estratexias de seguridade.
A xornada terá lugar o xoves 17 de outubro no salón de actos da delegación territorial de Xunta de Galicia en Ourense.