FUNCIÓNS

A Cámara é a representación formal e o voceiro do sector empresarial mineiro en Galicia. Entre as súas actividades máis destacadas atópanse:

Fomentar o desenvolvemento da industria mineira

Representar, defender e promover os intereses dos seus socios

Fomentar o ensino da minaría

Designar peritos, resolver conflitos e promover acordos ante problemas relacionados coa minaría.

Emitir informes solicitados por autoridades e socios

Ademais de exercer os seguintes labores:

Informativo

Elaboración e difusión de datos estatísticos, memorias e publicacións divulgativas sobre minaría

Formativo

organizando cursos, seminarios e xornadas sobre temas de actualidade e de interese para o sector.

Asesoramento

Informando sobre os aspectos legais, administrativos e técnicos que afectan ao sector (cuestións ambientais, axudas e subvencións, novas normativas...)

O desenvolvemento destas actividades por parte da Cámara Mineira de Galicia realízase en colaboración con moi diversos axentes: universidades (principalmente do sistema universitario de Galicia), colexios profesionais, asociacións sectoriais, outras empresas da comunidade mineira e, especialmente, coa Administración mineira de Galicia a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.

Compromisos Cámara