23 Ago A COMG presentará a iniciativa Patrimonio Xeomineiro de Galicia no XX Congreso Internacional sobre Patrimonio Xeolóxico e Mineiro
Entre o 15 e o 18 de setembro, Madrid acollerá o XX Congreso Internacional sobre Patrimonio Xeolóxico e Mineiro. XXIV Sesión Científica da Sociedade para a Defensa sobre o Patrimonio Xeolóxico e Mineiro (SEDPGYM). A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) será o punto de encontro da comunidade científica interesada no Patrimonio Xeolóxico e Mineiro.
A Cámara Oficial Mineira de Galicia estará presente no Congreso, que se celebra cada dous anos, para presentar a plataforma Patrimonio Xeomineiro de Galicia, a través dunha charla titulada ‘Roteiros mineiros: Desde a Prehistoria ata a Idade Moderna.
Representantes da COMG explicarán a iniciativa, impulsada pola Plataforma Minería Sostible de Galicia co apoio da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, da Xunta de Galicia, destacando os casos de éxito máis recentes, como por exemplo as visitas guiadas ás antigas instalacións das Minas da Silvarosa, en Viveiro, ou a dos cargadoiros de mineral de Rande e Coto Wagner, na Ría de Vigo.
Podes consultar o programa do evento e toda a información dispoñible na páxina web da SEDPGYM.