23 Ago A COMG lanza unha axenda escolar mineira
A Cámara Oficial Mineira de Galicia, grazas á colaboración de varios dos seus membros e socios, editou a ‘Axenda escolar mineira 2022’.
Esta axenda resultará útil para que os alumnos e alumnas galegas adquiran coñecementos sobre a xeoloxía e a minaría levada a cabo no noso país. O obxectivo do proxecto é o de divulgar a importancia dos recursos minerais desde un punto de vista histórico e tamén na nosa vida cotiá. Ademais, recóllense consellos que os máis pequenos poderán aplicar no seu día a día: aforro enerxético, coidado do medio, reciclaxe, etc.
As axendas, xa editadas e impresas poderanse adquirir nas 4 provincias galegas xunto coa edición de La Voz de Galicia o venres 9 de setembro, cun custo de distribución de 1 euro.