AGENDA
Nos últimos anos houbo moitos desastres naturais e industriais, ataques terroristas e outros incidentes graves que demostraron a importancia de dispoñer dunha resposta eficaz de emerxencia. O obxectivo desta norma consiste en salvar vidas, mitigar danos e prexuízos, así como garantir un nivel de base da continuidade das funcións esenciais da sociedade.
A Norma UNE- ISO 22320, promove a participación da comunidade e as organizacións no desenvolvemento e aplicación de medidas de actuación #ante eventos de riscos, para garantir unha resposta apropiada ás necesidades da poboación afectada, e restablecer as condicións adecuadas de funcionamento dos sistemas e infraestruturas críticas necesarias para continuar a actividade.