01 Xuñ Xunta Xeral Extraordinaria 01/06/2006
Documentación presentada | Acta |
Seguindo instrucións do Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Antonio Campo Fernández, e de acordo co previsto no Regulamento para o Réxime Interior da Cámara, convócaselle para o próximo día 1 de xuño de 2006 á Xunta Xeral Ordinaria e á Xunta Xeral Extraordinaria que terán lugar en Santiago de Compostela no hotel “Os Abetos”, San Lázaro, s/n. A partir das 10:00 h terá lugar a recepción de Socios e café de benvida.
XUNTA XERAL ORDINARIA 2006 Convocada en virtude do previsto no artigo 14 do R. R.I. da Cámara.
Primeira convocatoria: 10:30 horas
Segunda convocatoria: 11:00 horas Orde do día de Xunta Xeral Ordinaria
1. Informe do Presidente
2. Aprobación da xestión do Presidente e Xunta Directiva
3. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2005
4. Aprobación, se procede, do Orzamento de ingresos e gastos referido ao 2006
5. Rogos e preguntas
XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocada en virtude do previsto no artigo 15 do R. R.I. da Cámara, a solicitude de máis do 10 por cento dos socios.
Primeira convocatoria: 12:00 horas
Segunda convocatoria: 12:30 horas Orde do día de Xunta Xeral Extraordina Punto único.
Proposta de modificación estatutaria.