Xunta Xeral Ordinaria 21/06/2010

Documentación presentada Informe de auditoria 31-12-09 Presentación PowerPoint Acta

 

 

En virtude do acordo adoptado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia, celebrada o día 28 de maio, procédese a convocar Xunta Xeral Ordinaria para o vindeiro luns día 21 de xuño ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria, no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última Xunta Xeral Ordinaria (2009)
2º. Informe do Presidente
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos de 2009
4º. Aprobación da xestión da Xunta Directiva
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2010
6º. Aprobación, se procede, do cambio de domicilio da Cámara Oficial Mineira de Galicia
7º. Elección para cargo vacante da Xunta Directiva correspondente ao subsector do granito
8º. Rogos e preguntas