28 Xuñ Xunta Xeral Ordinaria 28/06/2011
Convocatoria | Documentación | Procedimiento renovación cargos |
En virtude do acordo adoptado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia, celebrada o día 6 de xuño, procédese a convocar Xunta Xeral Ordinaria para o vindeiro martes 28 de xuño ás 10:00 h en primeira convocatoria e ás 10:30 h en segunda convocatoria. A reunión terá lugar no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela (Rúa San Lázaro s/n), coa seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA
1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta Xeral Ordinaria do ano 2010.
2º. Informe do Presidente.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2010.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2011.
6º. Elección para vocalía vacante da Xunta Directiva correspondente ao subsector Outros.
7º. Rogos e preguntas.