30 Mar Xunta Xeral Ordinaria 30-03-2016
Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) celebrada con data 10/03/2016, e en cumprimento do artigo 16 do Regulamento para o Réxime Interior ( RRI), o Presidente acorda convocar Xunta Xeral Ordinaria o vindeiro mércores 30 de marzo; no Hotel Os Abetos de Santiago, rúa San Lázaro s/n (ver ubicación).
A Xunta Xeral Ordinaria da COMG terá lugar ás 10:30 h en primeira convocatoria e 11:00 h en segunda, coa seguinte Orde do Día en virtude do artigo 14 do RRI:
1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta Xeral do ano 2015.
2º. Informe e propostas do Presidente. Resumo dos acontecementos máis importantes do ano 2015.
3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2015.
4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.
5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2016.
6º. Actualización do Censo de Socios Electores e Elegibles.
7º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.
8º. Aprobación da proposta de Regulamento para o Réxime Interior da COMG.
9º. Rogos e preguntas.