07 Mar O Conselleiro de Economía e Industria presentará o CCMG o 9-3-2012
A Consellería de Economía e Industria vai presentar publicamente o Censo Catastral Mineiro de Galicia este venres día 9 de marzo ás 12 h en Santiago.
Dita presentación realizaraa o Conselleiro de Economía e Industria, D. Javier Guerra, no salón nº2 da Consellería de Presidencia (San Caetano s/n).
No acto tamén participarán o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, D. Anxo Bernardo; a Subdirectora Xeral de Recursos Minerais, Dª. María José Mijares; o Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Francisco Aréchaga; e o seu Director, D. Diego López.