Minaría en Galicia

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

A minaría en Galicia non é unha actividade nova, xa que se recoñece a súa existencia desde a prehistoria. A situación actual é froito dunha evolución histórica e unha cultura propia que conseguiron converter á galega nunha das primeiras comunidades españolas por nivel de produción.

A minaría está presente en practicamente toda a actividade humana, xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, todos os materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo consome unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais e estímase que ao longo da súa vida cada cidadán da UE consumiría máis de 400 toneladas de produtos extraídos do subsolo.

POR QUE É IMPORTANTE A MINARÍA?

  • As explotacións mineiras de Galicia só ocupan o 1,4% do territorio e fano de maneira temporal. A actividade mineira é compatible con outros sectores, como o agrícola, o forestal e o da enerxía eólica. Unha vez rematan as operacións mineiras o terreo pode devolverse para un uso agrícola, forestal, industrial ou de enerxía eólica.

  • A minaría de Galicia é un sector de pemes e de familias, con longos historiais de xeracións dedicadas ás explotacións. O 97% dos titulares de dereitos mineiros son pemes. O 95% delas teñen sede en Galicia. O 88% dos dereitos mineiros de explotación están concedidos a pemes. Trátase dunhas cifras similares ao resto dos sectores económicos rexionais.
  • En Galicia non existe nin existirá mega minaría. As minas das Pontes (9 km2) e a de Meirama (3 km2) están xa rehabilitadas. A mina de Touro pretende operar en 0,6 km2 de terreo. En países altamente industrializados e desenvolvidos como Alemaña hai minas de 48 km2, en Canadá, de 42 km2 e en EE. UU, de 40 km2. En Rusia, Indonesia e Chile hai explotacións que cobren ata 100 km2.
  • Todas as explotacións mineiras están obrigadas por lei a ter un proxecto de restauración antes de comezar a extracción. O proxecto de restauración ten como principal obxectivo que os terreos recuperen ou melloren as condicións nas que existían antes de que o lugar fose explotado; ou ben adecualo a condicións compatibles co hábitat natural da zona.

UNHA FRACCIÓN APROXIMADA DE 600 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS

Co granito e a lousa como principais produtos mineiros, Galicia lidera os mercados nacionais e internacionais de exportacións e facturación. Desta forma, o sector mineiro ten un papel fundamental no tecido industrial galego, pola riqueza que representa e os postos de traballo que proporciona.

Os minerais de Galicia están presentes nas obras públicas (formigón, cemento, cristal, asfalto…), na construción (granito, lousa e áridos), na industria (metais e minerais industriais) e son elementos crave para a economía de baixa emisión de carbono (enerxías renovables, electricidade, tecnoloxía…).