Granito

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

O granito é unha roca ígnea plutónica procedente de magmas solidificados, formada por cuarzo, feldespato alcalino, plagioclasa e mica. A estes minerais dáselles o nome de granitoides e a proporción destes é diferente segundo a orixe da roca.

Galicia é na das principais rexións do mundo en canto a dispoñibilidade de granito para a industria, de feito ao redor do 37% do 29.574 km2 da superficie galega está ocupado por granitoides.

O GRANITO EN GALICIA:

Existe unha gran presenza de granitoides na parte central e occidental de Galicia, o que sumado á maior actividade construtiva e ao desenvolvemento económico nas zonas costeiras, así como nas capitais interiores, favoreceu unha importante actividade extractiva destas rocas.

Por outra banda, a calidade dalgúns granitos e nalgúns casos, a proximidade dos seus xacementos a boas comunicacións por estrada e a saídas portuarias, favoreceu a concentración da actividade da extracción de pedra natural para exportación alcanzando mercados tan afastados de Galicia como EEUU ou Xapón. O caso máis destacado é o do Macizo do Porriño, pero tamén existen concentracións de actividade noutros macizos como os de Ribadavia, Ourense, Caldas de Reis, e no Macizo de Poboa de Parga.

Actualmente existen en Galicia máis de 150 explotacións activas de granito para pedra natural. Dado a resistencia ao paso do tempo e ás temperaturas extremas, o granito de Galicia é moi valorado tanto para interiores na fabricación de encimeras de cociña, escaleiras ou chans; como en exteriores para fachadas de edificios, obras públicas e mobiliario urbano.

VARIEDADES DE GRANITOS COMERCIALIZADAS EN GALICIA SEGUNDO A REXIÓN:

OURENSE

LOBIOS

  • Gris Lobios

MELÓN

  • Blanco Alba
  • Moreno Alba
  • Silvestre claro
  • Silvestre moreno

PADRENDA

  • Rosavel

LEIRO

  • Grissal

CARBALLEDA DE AVIA

  • Grissal

MUÍÑOS

  • Blanco Muíños

MUGARES

  • Gris Morrazo (Piñor)

TOEN

  • Gris Morrazo (Piñor)

VIANA DO BOLO

  • Blanco Galicia

OS BLANCOS

  • Amarillo Golden
  • Blanco Aguiar

BALTAR

  • Amarillo Golden
  • Blanco Aguiar

A VEIGA

  • Blanco Castelo
  • Blanco Coloma

PONTEVEDRA

SALCEDA

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

MORAÑA

  • Gris de Moraña
  • Negro Esmeralda
  • Negro Galicia

CANGAS DO MORRAZO

  • Pedra Vella de Cangas

MEIS

Gris Perla

PONTEAREAS

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

PORRIÑO

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante
  • Rosa Mondariz
  • Rosa Porriño

MELÓN

  • Gris Alba

OIA

  • Amarillo Vilachán

SALVATERRA

  • Gris Mondariz
  • Rosa Dante

ALBERO

  • Amarillo Golden

MOS

  • Rosa Porriño

GONDOMAR

  • Silvestre

VIGO

  • Silvestre

TOMIÑO

  • Silvestre

LUGO

GUITIRIZ

  • Gris Albero
  • Gris Rodeiro
  • Silvestre

LUGO

  • Blanco Bóveda
  • Blanco Mera
  • Marrón Estrella
  • Rosa Delta
  • Perla Kaxigal

OUTEIRO DE REI

  • Rosa Lugo

FRIOL

  • San Román

A CORUÑA

BOIRO

  • Confurco

PORTO DO SON

  • Silvestre