
Curso VRH-25 Técnicas eficaces de venda para a fidelización de clientes
19 de Maio 00:00 / 21 de Maio 23:59
O curso impártese nunha plataforma de teleformación con presenza simultánea de profesor e alumnos interactuando na aula Virtual durante toda a formación.
Durante o tempo que dura o curso, o docente expón a materia por videoconferencia, con exemplos prácticos e atendendo ás dúbidas e consultas dos alumnos. O profesor combina as sesións teóricas coa realización de exercicios colaborativos en equipos de traballo, o que garante a aprendizaxe e a adquisición de coñecementos, de maneira similar á formación presencial.
Este curso está especialmente indicado para persoal experto en temas comerciais, profesionais de apoio a vendas, xefes de vendas e directores comerciais, para perfeccionar as habilidades de venda.