AGENDA
Evento Mixto: En liña e Presencial en Sede de ITG
Rúa Cantón Grande, 9, Planta 1, 15003, A Coruña
A Compra Pública de Innovación (CPI) é unha ferramenta clave para impulsar a innovación empresarial desde a demanda pública. A través dela, as entidades públicas identifican retos sen solucións dispoñibles no mercado, fomentando a colaboración con empresas, universidades e centros de investigación para desenvolver e implementar solucións innovadoras.
Galicia consolidouse como unha das rexións máis activas en CPI, e nos próximos meses abriranse novas oportunidades de participación. Durante este taller, coñecerás de primeira man:
- Que é a CPI e como funciona.
- Como acceder aos novos proxectos de CPI en Galicia.
- Oportunidades para pemes.
- Casos de éxito e claves para participar.