AGENDA
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
A Axencia Galega de Innovación continúa en 2025 coa organización de xornadas informativas para achegar o programa Horizonte Europa ás empresas e axentes galegos. Con este fin, se celebrará unha xornada sobre as novas convocatorias e outras novidades dos Partenariados Horizonte Europa previstos para 2025.
Os Partenariados europeos están impulsados por axencias nacionais e rexionais que financian I+D+i e xorden para dar resposta a obxectivos específicos e complexos que non poden ser afrontados a través doutros programas europeos e nacionais. Nesta xornada, explicaranse en detalle as convocatorias abertas neste momento e tamén se avanzará na compresión das que están previstas para 2025.
O condutor da xornada será Héctor González, Punto Nacional de Contacto do CDTI para os Partenariados HE, que ademais de presentar o programa manterá reunións bilaterais coas entidades interesadas.