AGENDA
O xoves 25 de abril ás 16.00h Seresco organiza xunto á oficina Acelera Pyme de ITG un evento en modalidade híbrida que tratará sobre a ‘Dixitalización da calidade: ferramentas e beneficios para unha xestión eficiente’. O programa será o seguinte:
- 15:45h. – 16:00h. Recepción de asistentes.
- 16:00h. Inicio do evento e presentación de relatores.
- 16:05h. Relatorio de Seresco.
- 16:50h. Caso de éxito Tvitec Glass.
- 17:00h. Café networking.
- 17:30h. Peche e despedida.
O evento contará coas intervencóns de:
- Alicia Martínez González – Responsable de calidade de Seresco.
- Carmen Díaz González – Responsable de Proxectos para a Transformación Dixital de Seresco.
- Daniel Vázquez Iglesias – Xerente de contas de Servizos de Transformación Dixital de Seresco.
- Pablo Álvarez Menéndez – Quality Director de Tvitec Glass.
Durante o evento debatiranse e analizaranse temas como a situación dos sistemas de xestión, a transformación dixital na industria ou os procesos de validación, concluíndo coa invitación a café para favorecer sinerxias positivas entre os asistentes e fomentar o networking.
Máis información e inscripción á xornada ‘Dixitalización da calidade: ferramentas e beneficios para unha xestión eficiente’ nesta ligazón.