AGENDA
Esta sesión en formato híbrido impulsada polo Círculo de Empresarios de Galicia pretende transmitir coñecemento sobre quen son e que motiva aos cibercriminais, cales son os nosos puntos débiles e como os aproveitan para atacarnos, que medidas podemos tomar para reducir o risco e cal é a mellor maneira de organizarnos para asegurar que esas medidas son realmente efectivas e optimizan os nosos recursos. Todo iso nunha linguaxe non técnica, cun enfoque práctico e adaptado ás circunstancias e capacidades da Peme.
O encargado do relatorio será Javier Franco, Director de márketing Empresas de R. A charla terá lugar na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Av. García Barbón, 62, 36201, Vigo).