AGENDA
Encontro presencial organizado por Dircom Galicia no que se darán as claves ao tecido empresarial sobre o valor engadido que achega ás compañías unha boa xestión da Comunicación Corporativa e da Reputación para poder alcanzar os obxectivos empresariais.
Celebrarase na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Av. García Barbón, 62, 36201, Vigo).
Dirixido a empresarios e directivos de empresas e organismos, abordará os seguintes bloques temáticos:
- Reputación.
- Propósito corporativo e liderado.
- Comunicación interna e atracción do talento.
- Asuntos públicos e relacións institucionais.
- Sustentabilidade e ESG.
- Comunicación externa e xestión de situacións de crise.