AGENDA
Xornada na que se trata a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, que dispón na súa disposición final cuarta a facultade ao Goberno para desenvolver un regulamento en materia de envases e residuos de envases.
Contará cos seguintes relatorios:
- Réxime de responsabilidade ampliada de envases domésticos. Juan José Pernas García (Profesor titular de Dereito Administrativo, Universidade da Coruña).
- Sistemas de depósito, devolución e retorno. Anxo Ruiz de Apodaca Espinosa (Catedrático de Dereito Administrativo, Universidade de Navarra).