AGENDA
Congreso no que se pretende reunir a profesionais e investigadores para difundir e profundar no coñecemento da metalurxia e a minería, así como sensibilizar á opinión pública e á sociedade no seu conxunto, para establecer estratexias de futuro que permitan a recuperación das nosas raíces mineiras, fomentando e salvagardando un rico patrimonio xeolóxico, mineiro e histórico.
Os traballos que se presenten ao congreso versarán sobre distintos aspectos relacionados coa investigación, xestión, conservación e divulgación da historia da minería e tamén do patrimonio xeolóxico e mineiro.
O Congreso terá lugar na localidade de Sabero (León), no Museo da Siderurgia e a Minería de Castela e León, entre os días 21 e 24 de setembro de 2023.
O formulario de inscrición estará dispoñible na web da Sociedade Española para a Defensa do Patrimonio Xeolóxico e Mineiro (http://www.sedpgym.es).