AGENDA
Este curso vai dirixido a persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e o Patrimonio, guías-intérpretes, do ámbito da Educación Ambiental e educadores en xeral (educación formal e non formal) que realicen ou desexen realizar visitas guiadas efectivas.
O seu obsetivo é adquirir os coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para que exista unha comunicación temática, organizada, relevante e amena co público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de ocio, fomentando neles o desenvolvemento de actitudes de aprecio e custodia polo patrimonio presentado.
Características:
- Formación online, 30 horas.
- 4 unidades didácticas.
- Contidos teóricos e exercicios prácticos.
- Materiais en galego e español.
- Seguemento personalizado por parte das titoras.
- Diploma acreditativo.