AGENDA
Este mes de setembro o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA continúa co seu ciclo de Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.
Esta cuarta actividade estará centrada no mundo dos morcegos, e para achegarnos a eles contaremos coa presenza de Roberto Hermida, con quen nos introduciremos na bioloxía destes seres tan especiais, identificaremos algunhas das especies que se poden atopar en Galicia,… mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que o levaron a fascinarse polos quirópteros, así como as lecturas que considera indispensables para saber máis sobre estes mamíferos tan descoñecidos para a maioría das persoas.
Data: 23 de setembro
Hora: 19:00 – 22:30h.
Lugar: Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros)