Premios Santa Bárbara 2020,
XIV Edición

A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere destacar a importancia que o sector mineiro ten no tecido industrial e no desenvolvemento da sociedade.

Neste sentido, con motivo da celebración da patroa dos mineiros, convoca a XIV Edición dos Premios Santa Bárbara, para recoñecer o labor de todos os integrantes da comunidade mineira de Galicia, estimular a súa contribución ao desenvolvemento do sector, e achegar e dar a coñecer o sector mineiro á sociedade, poñendo de manifesto a súa relevancia.

Traxectoria

Recoñecemento a unha carreira meritoria que destaque polo seu bo facer no eido da minaría.

Comunicación

Premia o labor de difusión da realidade mineira dirixida a un mellor coñecemento do sector.

Presenta a túa candidatura

Descarga o formulario de presentación da candidatura e as bases do premio. Se desexas máis información, enche os teus datos de contacto e un profesional da COMG se porá en contacto contigo para proporcionarche máis información.


Lin e acepto a política de privacidade.

Coñece aos gañadores da edición de Santa Bárbara 2019