santa-barbara-comg

O sector mineiro galego celebrou a entrega de premios Santa Bárbara

Sharing is caring!

A Cámara Oficial de Mineira de Galicia entregou o pasado venres 29 de novembro en Santiago de Compostela os premios Santa Bárbara, nun día que reuniu á comunidade mineira galega con motivo da celebración das festas patronais.

Case a decena de asistentes participaron na décimo terceira edición dos galardóns, incluíndo representantes da Administración autonómica, organismos oficiais e empresas mineiras.

Juan de Dios Martín Aparicio, presidente da COMG, recordou os logros obtidos polo sector durante este ano, como por exemplo converter a Galicia na rexión de Europa que máis eventos levou a cabo polo European Minerals Day.

Diego López, director da Cámara Oficial de Minas de Galicia, foi o responsable de realizar a entrega de premios na que Caolines de Vimianzo gañou o premio Comunicación polo seu traballo na divulgación das prácticas do sector.

O director do COMG tamén quixo resaltar o compromiso da empresa Costa da Morte coa súa contorna, creando balsas para o abastecemento de auga e empregando trigo autóctono nas rehabilitacións. As boas prácticas de Caolines de Vimianzo xa foron recoñecidas hai unhas semanas coa certificación UNE de Minería Sostible.

Juan José López, director de Caolines de Vimianzo, foi o encargado de recoller o galardón e sinalou a necesidade de “abrir as portas da minaría con visitas a minas e canteiras”, e engadiu que “as empresas mineiras galegas están á vangarda” da sustentabilidade en Europa ”.

O premio Traxectoria foi para José Luis López e Pedro Rodríguez, que estiveron ó frente da mina de Magnesitas de Rubián (Lugo) durante 32 anos e foron os responsables do proxecto da mina de galería.

O acto pechouno o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. “A minaría forma parte da nosa historia, da nosa contorna e da nosa economía e, polo tanto, vertebra a nosa sociedade”, declarou. Ademais, subliñou que “non hai transición enerxética sen minaría” e sinalou que “a administración axudará ó sector a seguir sendo un referente a nivel europeo”.