O prazo para a presentación de candidaturas para as eleccións da COMG remata hoxe

Sharing is caring!

O pasado 18 de maio de 2020 convocáronse as eleccións para a renovación da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia, día en que se abriu o prazo de presentación de candidaturas.

O equipo da COMG agradece o interese de todos aqueles socios que presentaron a súa candidatura ata o momento e lembra que o prazo termina hoxe día 1 de xuño.

Nesta web recóllese tanto a documentación necesaria para a presentación de candidaturas como as instrucións e modelos normalizados para exercer o voto por correo.