Lago de Meirama

O lago mineiro de Meirama pasar a ser de dominio público

Culmínase o proxecto de rehabilitación ambiental da antiga mina de lignito en Cerceda coa transferencia do lago de Meirama ao dominio hidráulico público, por parte de Naturgy. Esta operación realizouse trala aprobación e comprobación de Augas de Galicia do deslinde en todas as marxes.

A partir do 27 de maio os cidadáns  poderán gozar dun novo espazo natural de libre acceso con 230 hectáreas, un lago mineiro, así como a praia e as marxes do entorno.

A superficie do lago ten 2,2 kilómetros de longo por un de ancho, con capacidade para almacenar un volume de 148 hectómetros cúbicos de auga. Esta explotación mineira rehabilitada desenvolveu a súa actividade entre o ano 1980 e 2008, aportando lignito a súa veciña central térmica.

Lago de Meirama Minería sostenible de Galicia

O lago de Meirama, un exemplo para o mundo

Cales son as posibilidades de uso do lago de Meirama?

Juan Manuel Rodríguez, alcalde de Cerceda, en compañía da edil e deputada provincial Cristina Capelán, reuníronse o pasado martes cos directivos de Naturgy para establecer as posibilidades de acceso desta cunca para o aproveitamento público que ofrece moitas actividades recreativas. As máis destacables é unha área de praia de uns 400 metros, dispoñible para actividades nautico-recreativas, un embarcadoiro e unha zona residencial.

O rexedor, Juan Manuel Rodríguez, anunciou que en canto se termine a tramitación e a recepción da área e os seus servizos crearase un plan estratéxico, que require unha gran importancia para Cerceda o tratarse dun espazo cunha inmensa riqueza paisaxística.

Segundo destaca Naturgy, a creación do lago de Meirama contitúe unha das maiores actuacións medioambientais realizadas en España, correspondendose cos compromiso derivados da explotación da antiga mina de lignito. Engaden que, por outro lado, na actualidade “xerou un gran espazo protexido que suporá un impulso ao desenvolvemento económico, turístico e ambiental da zona, por o valor natural do espazo creado”.

Este proxecto, que conta cun orzamento de 60 millóns de euros, recuperou a zona que foi explotada por a actividade mineira e que conta cun espazo de biodiversidade con máis de 450.000 árbores. O exhaustivo inventario zoolóxico e botánico levado a cabo por o equipo de especialistas da Estación Hidrolóxica do Encoro do Con, da Universidade de Santiago de Compostela, foi quen de identificar un total de 862 especies animais e vexetais, das que un 5% son endémicas e con especiais valores de conservación.

O poder da natureza mostrase na repoboación de gran parte dos vexetais e de todas as especies animais que se produciu de formal natural, é dicir, sen nigunha axuda da acción humana.

Un futuro reservoiro de auga

Segundo explicou a empresa energética, a boa calidade das augas do lago xunto co seu enclave estratéxico na cabeceira do río Barce, converten a zona nun reservoiro de auga para o municipio de A Coruña, así como a súa comarca.

Segundo afirma Naturgy, Meirama é o primeiro caso do mundo dun lago artifical con estas características, que ten o potencial de ser usado para o abastecemento de grandes poboacións sin necesitar un tratamento intensivo previo das súas augas.

A compañía enerxética, xunto co Grupo Ingeniería del Agua y del Medio Ambiente (Universidade de A Coruña), levou a cabo “un estricto control da calidade das augas, cun rexistro de máis de 600.000 datos”. Foi en 2016 cando se aprobou o proxecto de regulamento do lago mineiro para o seu aprobeitamento como reservoiro de auga para a cidade de A Coruña e a súa área de influencia, co obxectivo de reforzar con 24 hectómetros cúbicos o sistema de abastecemento da comarca.