O FP de colocadores de lousa non cubre as súas prazas pese a súa gran tasa de inserción laboral

No 1990 fundouse a Escola Nacional de Colocadores de Lousa (Sobradelo, Carballeda de Valdeorras, Ourense) co obxectivo de cubrir a necesidade das empresas de contaren con traballadores cualificados e especializados, dándolle así un maior valor a esta profesión e facendo que os colocadores entrasen xa a traballar con amplos coñecementos técnicos.

O IES de Sobradelo imparte o ciclo medio de Construcción, no que ademáis de a colocaren lousa, os alumnos aprenden todo o relacionado co sector. Trátase dun pequeno centro que comparte instalacións co Clúster da Lousa. A directora do centro, Begoña Llamas, comenta que “é importante darlle un espírito técnico a esta profesión, máis aló do que se transmitía tradicionalmente de padres a fillos”, e engade que “neste ciclo hai módulos de cubertas, cubricións, encofrado, formigón armado, impermeabilización e interpretación de planos, entre outros”.

Trátase dun total de 2.000 horas de formación (repartidas en dous cursos) que inclúen prácticas en constructoras.

Begoña Llamas lamenta que o problema é que en cada curso matricúlanse ao redor de 22 alumnos, mais a medida que vai avanzando o curso, danse de baixa. Sen embargo, a portavoz do centro recalca que é unha grande oportunidade laboral, xa que constantemente as constructoras chaman ó IES para captaren alumnos que queiran traballar: “Hai unha falta de expertos para estaren nas obras. Certo é que no hai moita obra nova, pero sí de mantemento. É un sector no que hai traballo”.