Nomeados os representantes dos electores na xunta electoral

Sharing is caring!

Despois da apertura do proceso electoral, o 17 de xaneiro celebrouse no salón de actos da Cámara Oficial Mineira de Galicia o sorteo para o nomeamento dos representantes dos electores na xunta electoral, segundo o artigo 39 do Regulamento para o Réxime Interno da COMG.

A esta xornada asistiron representantes da administración tutelada, D. Isidoro Martínez Arca, Xefe Territorial da Coruña do Ministerio de Economía, Empleo e Industria, como Presidente da xunta electoral; e D. Juan José Iglesias Súarez, Xefe do Servicio de Energía y Minas da Delegación Territorial de A Coruña. Así como o Secretario da COMG, Diego López González, como Secretario da xunta electoral; e Juan de Dios Martín, Presidente da COMG.

  • Podes consultar aquí a acta do sorteo.

Tras o anuncio do sorteo e a renuncia de tres dos representantes, o 29 de xaneiro constituíuse a xunta electoral para as eleccións para a renovación da Xunta Directiva da COMG.

  • Podes consultar aquí a certificación da constitución da xunta electoral.