La nueva ley de implantación empresarial está teniendo buena acogida en el sector minero, según la C

El director de la Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López, destacó la buena acogida de la nueva Ley de implantación empresarial en el sector minero gallego, así como las ventajas de la norma para el desarrollo económico y empresarial. Así lo hizo en la entrevista emitida el pasado octubre por la emisora de radio Onda Cero Galicia en el marco del programa Efecto Noticia, que centra sus contenidos en las iniciativas empresariales y en la innovación tecnológica, entre otros aspectos.

D. Diego López insistió en que las críticas de ciertos colectivos a la Ley de implantación empresarial en la que está trabajando la Xunta no se ajustan al contenido. “Es cierto que agiliza la tramitación en el otorgamiento de derechos mineros, pero hay que tener en cuenta cuál es la realidad del sector en Galicia”. A este respeto, el director de la COMG señaló que la mediana de tramitación de un derecho minero supera los siete años, algo “inasumible para las PYMES” que representan el 97% de los titulares.

A la pregunta de si la nueva norma contribuirá a combatir la fuga de empresas, por ejemplo al norte de Portugal, D. Diego López afirmó que la agilización de los trámites sí ayudará en este objetivo, pero quiso resaltar ante todo que se trata de una ley “tremendamente garantista con el medio y con los propietarios de los terrenos”. Según explicó, la norma va a permitir “la desafección de antiguos derechos de escaso interés que no se están investigando ni explotando”.

Mayor integración territorial y ambiental

Asimismo, para la Cámara Oficial Mineira de Galicia, la ley también “potencia la integración territorial y ambiental de las explotaciones”. D. Diego López indicó que la anterior norma establecía informes preceptivos de las administraciones local, ambiental, urbanística y agraria, a los que se les suman ahora los de los órganos competentes en dominio público hidráulico, dominio público marítimo-terrestre y en patrimonio cultural.

“Se trata de unir informes de todas las administraciones y los sectores que se puedan ver afectados por el desarrollo de una explotación, lo que redundará en una mayor seguridad jurídica para los explotadores y en la mejora de la compatibilidad ambiental”, afirmó.

En cuanto a la crítica de que la Ley de implantación empresarial suponga vía libre a que firmas foráneas exploten recursos energéticos, el director de la COMG fue tajante: la norma ni resta ni aportación novedad ninguna. “Ni la ley de minas de Galicia ni la estatal limitan la entrada de empresas foráneas” y “al igual que explotadores gallegos trabajan en Brasil, Mozambique o Angola puede haber empresas extranjeras interesadas en explotaciones gallegas”, sentenció.

Preguntado por si la nueva norma le abriría la puerta a la explotación minera de Corcoesto, D. Diego López respondió que las condiciones de viabilidad técnica y económica empresarial que impidieron la puesta en marcha de este proyecto no se alteran con la Ley que se quiere aprobar.

Efecto tractor de la minería gallega

La entrevista en Onda Cero Galicia sirvió también para poner de manifiesto a relevancia del sector minero gallego. Así por parte de la Cámara Oficial Mineira de Galicia se señaló que la actividad extractiva representa el 1,05% del PIB y destacó especialmente el “efecto tractor de la minería”, ya que los “productos que generamos traen industria transformadora, como acontece con la pizarra y el granito ornamental”.

Asimismo, se abordó la importancia de la I+D+i, que, según explicó D. Diego López, en la minería también se asocia a los avances tecnológicos. En este sentido, puso como ejemplo el incremento del 200% en el uso de los minerales metálicos nos últimos treinta años, debido a la demanda tecnológica. Y se refirió al informe elaborado por la Comisión Europea en 2008, en el que hacía una previsión para 2030 de un aumento del 475% en la demanda de metales como el cobre o titanio, entre otros.

La afección de la crisis al sector minero fue otro de los temas tratados. El director de la COMG apuntó que el sector sufrió mucho, con un descenso en el promedio de producción desde 2007 superior al 60% y en torno al 80% en los subsectores más afectados, como áridos o cerámica. Lógicamente con la crisis de la construcción, un sector en el que el 88% de la producción son materiales para construcción sigue sufriendo y mucho”. “Aunque parece que se está empezando a recuperar ligeramente”, añadió.

Potencia en minerales críticos

Por otra parte, continuó, “Galicia tiene potencial de aprovechamiento de otros materiales que no se están aprovechando o se aprovechan poco”. Citó nuevamente el informe europeo de 2008, que hace análisis de la dependencia de la industria europea en el acceso a las materias primas y concluye que aproximadamente el 70% de la industria europea “depende del acceso a ciertos minerales”.

Según indicó D. Diego López, estaríamos hablando de “30 millones de empleos y 1,3 billones de valor bruto anual”. Otra conclusión es que hay “20 materias primas o minerales críticos por su dificultad de abastecimiento y alta importancia para el desarrollo de Europa”. De estos 20 minerales, el director afirmó que en Galicia “tenemos siete, con reservas calculadas, recursos encontrados o indicios”.

Finalmente, en la entrevista se habló también de la campaña “Sin minería no hay nada”, en la que participa la Cámara Oficial Mineira de Galicia. El director destacó la relevancia de la iniciativa dado que la actividad extractiva es aún desconocida y se asocia a la minería subterránea, sobre todo del carbón, lo que no se corresponde con la realidad en Galicia. Aquí “estamos hablando de una minería asociada a los materiales de construcción, a cielo abierto, con trabajadores cualificados que operan con maquinaria pesaje y que en ciertas fases está muy automatizada”.



A nova lei de implantación empresarial está a ter boa acollida no sector mineiro

O director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López, destacou a boa acollida da nova Lei de implantación empresarial no sector mineiro galego, así como as vantaxes da norma para o desenvolvemento económico e empresarial. Así o fixo na entrevista emitida o pasado outubro pola emisora de radio Onda Cero Galicia no marco do programa Efecto Noticia, que centra os seus contidos nas iniciativas empresariais e na innovación tecnolóxica, entre outros aspectos.

D. Diego López insistiu en que as críticas de certos colectivos á Lei de implantación empresarial na que está a traballar a Xunta non se axustan ao contido. “É certo que axiliza a tramitación no outorgamento de dereitos mineiros, pero hai que ter en conta cal é a realidade do sector en Galicia”. A este respecto, o director da COMG sinalou que a mediana de tramitación dun dereito mineiro supera os sete anos, algo “inasumible para as PEMES” que representan o 97% dos titulares.

Á pregunta de se a nova norma contribuirá a combater a fuga de empresas, por exemplo ao norte de Portugal, D. Diego López afirmou que a axilización dos trámites si axudará neste obxectivo, pero quixo resaltar ante todo que se trata dunha lei “tremendamente garantista co medio e cos propietarios dos terreos”. Segundo explicou, a norma vai permitir “a desafección de antigos dereitos de escaso interese que non se están investigando nin explotando”.

 Maior integración territorial e ambiental

Así mesmo, para a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a lei tamén “potencia a integración territorial e ambiental das explotacións”. D. Diego López indicou que a anterior norma establecía informes preceptivos das administracións local, ambiental, urbanística e agraria, aos que se lles suman agora os dos órganos competentes en dominio público hidráulico, dominio público marítimo-terrestre e en patrimonio cultural.

“Trátase de unir informes de todas as administracións e os sectores que se poidan ver afectados polo desenvolvemento dunha explotación, o que redundará nunha maior seguridade xurídica para os explotadores e na mellora da compatibilidade ambiental”, afirmou.

En canto á crítica de que a Lei de implantación empresarial supoña vía libre a que firmas foráneas exploten recursos enerxéticos, o director da COMG foi tallante: a norma nin resta nin achega novidade ningunha. “Nin a lei de minas de Galicia nin a estatal limitan a entrada de empresas foráneas” e “do mesmo xeito que explotadores galegos traballan en Brasil, Mozambique ou Angola pode haber empresas estranxeiras interesadas en explotacións galegas”, sentenciou.

Preguntado por se a nova norma abriríalle a porta á explotación mineira de Corcoesto, D. Diego López respondeu que as condicións de viabilidade técnica e económica empresarial que impediron a posta en marcha deste proxecto non se alteran coa Lei que se quere aprobar.

Efecto tractor da minería galega

A entrevista en Onda Cero Galicia serviu tamén para poñer de manifesto a relevancia do sector mineiro galego. Así por parte da Cámara Oficial Mineira de Galicia sinalouse que a actividade extractiva representa o 1,05% do PIB e destacou especialmente o “efecto tractor da minería”, xa que os “produtos que xeramos traen industria transformadora, como acontece coa lousa e o granito ornamental”.

Así mesmo, abordouse a importancia da I+D+i, que, segundo explicou D. Diego López, na minería tamén se asocia aos avances tecnolóxicos. Neste sentido, puxo como exemplo o incremento do 200% no uso dos minerais metálicos nos últimos trinta anos, debido á demanda tecnolóxica. E referiuse ao informe elaborado pola Comisión Europea en 2008, no que facía unha previsión para 2030 dun aumento do 475% na demanda de metais como o cobre ou titanio, entre outros.

A afección da crise ao sector mineiro foi outro dos temas tratados. O director da COMG apuntou que o sector sufriu moito, cun descenso na media de produción desde 2007 superior ao 60% e en torno ao 80% nos subsectores máis afectados, como áridos ou cerámica. Loxicamente coa crise da construción, un sector no que o 88% da produción son materiais para construción segue sufrindo e moito”. “Aínda que parece que se está empezando a recuperar lixeiramente”, engadiu.

Potencia en minerais críticos

Por outra banda, continuou, “Galicia ten potencial de aproveitamento doutros materiais que non se están aproveitando ou se aproveitan pouco”. Citou novamente o informe europeo de 2008, que fai análise da dependencia da industria europea no acceso ás materias primas e conclúe que aproximadamente o 70% da industria europea “depende do acceso a certos minerais”.

Segundo indicou D. Diego López, estariamos a falar de “30 millóns de empregos e 1,3 billóns de valor bruto anual”. Outra conclusión é que hai “20 materias primas ou minerais críticos pola súa dificultade de abastecemento e alta importancia para o desenvolvemento de Europa”. Destes 20 minerais, o director afirmou que en Galicia “temos sete, con reservas calculadas, recursos atopados ou indicios”.

Finalmente, na entrevista falouse tamén da campaña “Sen minería non hai nada”, na que participa a Cámara Oficial Mineira de Galicia. O director destacou a relevancia da iniciativa dado que a actividade extractiva é aínda descoñecida e asóciase á minería subterránea, sobre todo do carbón, o que non se corresponde coa realidade en Galicia. Aquí “estamos a falar dunha minería asociada aos materiais de construción, ao descuberto, con traballadores cualificados que operan con maquinaria pesada e que en certas fases está moi automatizada”.