La comunidad minera gallega se reúne para celebrar Santa Bárbara

Sharing is caring!

A comunidade mineira celebrou o pasado 30 de novembro en Santiago de Compostela a súa patroa, Santa Bárbara, cunha ampla representación institucional e empresarial, entre os que figuraban o director xeral de Enerxía e Minas, D. Ángel Bernardo Tahoces.

Convocados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, os asistentes compartiron unha xornada festiva que comezou, como ven sendo habitual, coa tradicional ofrenda á patroa durante a Misa do Peregrino na Catedral de Santiago.

Contra o mediodía, os asistentes puideron saudarse e intercambiar impresións nos petiscos servidos no Hostal dos Reis Católicos, para logo pasar ao xantar que culminou coa entrega dos premios Santa Bárbara.

O acto de entrega dos premios abriuse cun breve saúdo de D. Juan de Dios Martín Aparicio, quen deu paso á lectura da acta, a cargo do director e secretario da Cámara e secretario do xurado, D. Diego López.

Tres premiados

Nesta duodécima edición resultaron merecedores ex aequo do premio Traxectoria Fernando Herranz –impulsor da mina de Meirama- e Felipe Macías –catedrático da USC e especialista en rehabilitacións mineiras mediante tecnosoles-.

Fernando Herranz Villafruela é doutor enxeñeiro de Minas e desenvolveu a súa longa traxectoria profesional en diferentes sectores da minaría, ocupando diferentes responsabilidades en minaría enerxética, metálica, industrial e ornamental, tanto no ámbito nacional como internacional. En Galicia, foi xefe de minaría na mina de cobre de Touro (A Coruña) entre 1972 e 1975; dirixiu a empresa Minera de Santa Comba, dedicada á explotación de volframio e estaño, e logo pasou a xestionar e dirixir o proxecto da mina de lignito a ceo aberto en Cerceda (A Coruña), de Lignitos de Meirama, S.A. (LIMEISA).

Pola súa banda, Felipe Macías Vázquez estivo vencellado ao sector mineiro dende o eido da restauración de solos degradados, como catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Creador do concepto de tecnosoles, ten aplicado esta tecnoloxía na restauración de minas en todo o mundo, con exemplos tan próximos como a mina de cobre de Touro ou a restauración mineira que Endesa desenvolveu en As Pontes (A Coruña).

Na modalidade Comunicación o premio recaeu sobre o enxeñeiro de minas Diego Casal Ramos, pola súa incesante labor de difusión do patrimonio industrial e mineiro galego, e moi concretamente da mina de volframio de Fontao, onde impulsou a creación dun museo mineiro.

A minaría, indispensable na sociedade

O director xeral de Enerxía e Minas pechou o evento dirixindo unhas palabras aos asistentes, coas que chamou á unidade do sector e á reivindicación da minaría, no seu conxunto, como unha actividade necesaria e imprescindible para o desenvolvemento da sociedade.

A comunidade mineira galega reúnese para celebrar Santa Bárbara