guia-radon-xunta-galicia

Galicia conta coa primeira guía para facerlle fronte ao radón en viviendas xa construídas

A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) publicou un documento que recolle información detallada para aplicar solucións de redución de gas radón dentro de vivendas xa existentes.

A guía xorde como complemento ás medidas incluídas dentro do Código Técnico da Edificación aplicable a vivendas de nova construción e a determinadas rehabilitacións. Neste caso, as solucións están destinadas a facer fronte ao radón en vivendas xa construídas mediante recomendacións útiles tanto para particulares como para técnicos.

Deste xeito, Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en contar cun documento que desenvolve as diferentes formas de proceder para evitar a entrada do gas radón ás vivendas e para a eliminación do mesmo.

Na web do IGVS é posible descargar a guía completa en PDF onde se detallan os seguintes puntos:

  • Indicadores de que a vivenda está en risco de contaminación por radón.
  • Solucións construtivas.
  • Vantaxes e inconvenientes de cada sistema.
  • Instalación e custo dos mesmos.