El antiguo espacio minero de As Pontes acoge la tirolina urbana portátil más grande de Europa

La playa de As Pontes de García Rodríguez acoge, desde el pasado 10 de agosto, la tirolina urbana portátil más grande de Europa. La iniciativa, que se suma a la oferta de actividades que se pueden desarrollar en el lago de la antigua explotación minera, representa un ejemplo más del potencial de usos de estos espacios una vez recuperados.

La tirolina tiene una longitud de 200 metros para superar 14 metros de desnivel, y durante el recorrido puede llegar a alcanzarse una velocidad de 30 km/h. Cualquier persona, sin límite de edad, puede disfrutar de esta actividad. De hecho, solo en su primera semana, más de 500 usuarios de entre 4 y 69 años han probado esta experiencia, lo que supone una media de 70 tiradas por día.

La instalación, que cuenta con tres monitores para garantizar su correcto uso, estará operativa hasta el 30 de septiembre en horario de 16.00 a 20.00 horas de lunes a viernes y de 16.00 a 21.00 horas los fines de semana. El precio de la actividad es de 3 euros por una tirada o de 5 euros por 2 tiradas.

Las personas interesadas en probar esta experiencia única en Galicia pueden solicitar más información o realizar reservas a través del teléfono: 636 957 737



O antigo espazo mineiro das Pontes acolle a tirolesa urbana portátil máis grande de Europa

A praia das Pontes de García Rodríguez acolle, desde o pasado 10 de agosto, a tirolesa urbana portátil máis grande de Europa. A iniciativa, que se suma á oferta de actividades que se poden desenvolver no lago da antiga explotación mineira, representa un exemplo máis do potencial de usos destes espazos unha vez recuperados.

A tirolesa ten unha lonxitude de 200 metros para superar 14 metros de desnivel, e durante o percorrido pode chegar a alcanzarse unha velocidade de 30 km/ h. Calquera persoa, sen límite de idade, pode gozar desta actividade. De feito, só na súa primeira semana, máis de 500 usuarios de entre 4 e 69 anos probaron esta experiencia, o que supón unha media de 70 tiradas por día.

A instalación, que conta con tres monitores para garantir o seu correcto uso, estará operativa ata o 30 de setembro en horario de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres e de 16.00 a 21.00 horas as fins de semana. O prezo da actividade é de 3 euros por unha tirada ou de 5 euros por 2 tiradas.

As persoas interesadas en probar esta experiencia única en Galicia poden solicitar máis información ou realizar reservas a través do teléfono: 636 957 737