Talleres online

Dispoñibles os vídeos dos webinars da Cámara Oficial Mineira de Galicia

Preto de 200 asistentes puideron coñecer durante o último trimestre do ano as claves da implantación da UNE 22480 de Minaría Sostible, así como as mellores técnicas de restauración mineira grazas aos ‘Obradoiros online de Minaría Sostible’.

Esta serie de xornadas online organizadas pola COMG coa colaboración da Xunta de Galicia, tiveron unha amplía acollida entre as empresas e técnicos do sector, e conformando espazos de intercambio de coñecemento e experiencias, co obxectivo de impulsar unha industria extractiva cada vez máis sostible, moderna e participativa.

Todos aqueles que non puideron asistir poderán consultar estes webinar dentro da área profesional da web de Minaría Sostible, picando nesta ligazón.