D. José Luis Fernández y D. Pablo Núñez, coordinadores de los comités de normativas e información

D. José Luís Fernández, representante de Áridos do Mendo, y D. Pablo Núñez, representante del Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG) fueron nombrados el pasado enero coordinadores de los comités de Normativas e Información, respectivamente. Así lo acordó la Junta Directiva de la Cámara Oficial Mineira de Galicia a comienzos de este año, después de abrir en noviembre un plazo para la presentación de candidaturas.

La labor de ambos coordinadores será la de establecer los objetivos y coordinar las actuaciones del correspondiente comité.

El Comité de Normativas, creado en 2008, hace seguimiento de las normas en tramitación o ya aprobadas que puedan influir en el sector minero directa o indirectamente. El pasado año mantuvo una reunión y recibió 47 circulares de la Cámara para hacer seguimiento y aprobar informes.

Comité de Información

Por su parte, el Comité de Información nació en 2014 para establecer las directrices de comunicación, tanto externa como interna, y aprobar los comunicados, artículos y contenidos difundidos por la Cámara. En 2017 recibió un total de 29 circulares para revisión y aprobación de notas de prensa, publicadas principalmente en el Boletín.

La importante labor desarrollada por los comités llevó a la Cámara Oficial Mineira de Galicia a crear el pasado año el Comité de Patrimonio Mineiro e Industrial. Se trata de un grupo de trabajo formado por miembros representantes de los distintos subsectores de la COMG con el objetivo de poner en valor el patrimonio geológico y minero de Galicia. Su coordinador es D. Roberto Almuíña, representante de la Asociación Galega de Áridos.



D. José Luis Fernández e D. Pablo Núñez, coordinadores dos comités de normativas e información

D. José Luís Fernández, representante de Áridos do Mendo, e D. Pablo Núñez, representante do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos ( ICOG) foron nomeados o pasado xaneiro coordinadores dos comités de Normativas e Información, respectivamente. Así o acordou a Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia a comezos deste ano, despois de abrir en novembro un prazo para a presentación de candidaturas.

O labor de ambos os coordinadores será a de establecer os obxectivos e coordinar as actuacións do correspondente comité.

O Comité de Normativas, creado en 2008, fai seguimento das normas en tramitación ou xa aprobadas que poidan influír no sector mineiro directa ou indirectamente. O pasado ano mantivo unha reunión e recibiu 47 circulares da Cámara para facer seguimento e aprobar informes.

Comité de Información

Pola súa banda, o Comité de Información naceu en 2014 para establecer as directrices de comunicación, tanto externa como interna, e aprobar os comunicados, artigos e contidos difundidos pola Cámara. En 2017 recibiu un total de 29 circulares para revisión e aprobación de notas de prensa, publicadas principalmente no Boletín.

O importante labor desenvolto polos comités levou á Cámara Oficial Mineira de Galicia a crear o pasado ano o Comité de Patrimonio Mineiro e Industrial. Trátase dun grupo de traballo formado por membros representantes dos distintos subsectores da COMG co obxectivo de poñer en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia. O seu coordinador é D. Roberto Almuíña, representante da Asociación Galega de Áridos.