Cupa Group faise coa empresa británica Rinus Roofin Supplies

Tras a adquisión por parte de Cupa Group de Pizarras Gallegas e do Grupo Proinor, a compañía fíxose co total da firma Rinus Roofin Supplies, a terceira máis importante no mercado británico de produtos para cubertas.

A integración de Rinus en Cupa Group dará lugar a unha compañía con unha facturación consolidada moi próxima aos 400 millóns de euros e con máis de 2.300 empregados en todo o mundo.

O seu conselleiro delegado, Javier Fernández, destacou que “estamos encantados de darlle a benvida á familia Cupa a Rinus, unha empresa consolidada no mercado británico, cunha base de clientes sólida, e reputada pola innovación dos seus produtos e procesos. Xuntos traballaremos para cumprir o ambicioso plan de crecemento de Cupa Group, fortalecendo a nosa gama de produtos e expandindo a nosa presenza internacional”.