Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva da COMG

Sharing is caring!

En virtude do artigo 37 do Regulamento para o Réxime Interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia, aprobado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas por resolución de 5 de abril de 2018, o Presidente da Cámara, D. Juan de Dios Martín Aparicio, no exercicio das súas funcións, acorda a apertura do proceso electoral para a renovación de membros da Xunta Directiva o próximo xoves 16 de xaneiro de 2020.

O día seguinte, venres 17 de xaneiro de 2020, segundo o artigo 39 do devandito regulamento, procederase en acto público ao sorteo dos tres representantes dos electores da Cámara na xunta electoral, na sede da Cámara Oficial Mineira de Galicia, rúa Juan Flórez 33-35, entrechán esquerdo na Coruña, ás 13:30 h.

O acto contará cos representantes da Administración tutelar: D. Isidoro Martínez Arca, Xefe Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en calidade de Presidente da xunta electoral; e D. Juan José Iglesias Súarez, Xefe de Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña. Actuando como secretario, o secretario da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López González.

Prégase confirmación de asistencia a través do enderezo electrónico cmg@camaraminera.org.

Pódese atopar o Regulamento para o Réxime Interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia na seguinte ligazón.