Convocadas as eleccións á Xunta Directiva da COMG

Sharing is caring!

O día 18 de maio de 2020 convócanse as eleccións á Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia, tal e como se reflicte no anuncio do DOG publicado esta mañá e no anuncio de La Voz de Galicia na súa edición autonómica.

Por iso, desde hoxe ábrese o prazo de presentación de candidaturas, que finalizará o vindeiro luns 1 de xuño cumprindo o período establecido polo Regulamento de Réxime Interno de 10 días hábiles.

No caso de que o número de candidaturas sexa superior ao número de vogalías, procederase á celebración das eleccións o próximo día 30 de xuño.

Nesta web ( https:// camaraminera. org/coñece-a- camara/eleccións- comg-2020/) recóllese tanto a documentación necesaria para a presentación de candidaturas como as instrucións e modelos normalizados para exercer o voto por correo.