A MINARÍA, EN CIFRAS

Os recursos xeológicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandería.

O aproveitamento dos recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública pola súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas por medio de concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións.

ESTADÍSTICA MINERA 2019 – GALICIA

 

  • Galicia representa o 7,8% da produción mineira de España (un 0,6% máis que o ano 2018) con 260,3 millóns de €.
  • Galicia segue a ser a 4ª Comunidade en valor de produción, por detrás de Andalucía, Cataluña e Castela e León, e ascende ao 3º posto en empleo mineiro, cun 11,9% do total nacional, contabilizando un total de 3.428 empleos directos; 4.445 contando con balnearios e instalacións de auga embotellada.
  • Galicia mantense lider na produción de rochas ornamentais, aumentando un 1,7% con respecto ao ano 2018, co 38% da produción nacional.
  • Galicia é lider na produción de lousa con uso ornamental, co 47,6% da produción española distribuida en 37 explotacións, o 46,8% das explotacións totais. En lousa en bruto e elaborada, o peso das exportacións en toneladas a nivel nacional é do 69,6% e do 72,8% con respecto ao valor total exportado.
  • Galicia é o líder mundial na produción de lousa (segundo datos do Clúster da Lousa de Galicia), producindo aproximadamente un terzo da lousa munda empregada en cubertas.
  • Galicia é o líder na produción de granito ornamental en España, xerando o 59,8% das toneladas totais extraídas, dispoñendo dentro da Comunidade de 42 explotacións que representan o 52,% das explotacións nacionais.
  • A industria galega do granito é a 2ª máis importante de Europa (tras Italia e a 4ª do mundo. Galicia é líder nacional en exportación de granito en bruto, sendo o 70,41% das toneladas exportadas e un 63,4% do importe total exportado a nivel nacional.
  • Galicia é líder na produción de granito ornamental en España, xerando o 50,8% das toneladas totais extraídas, dispoñendo dentro da Comunidade de 42 explotacións que representan o 52,5% das explotacións nacionais.
  • A minaría galega abasteceu á sociedad galega en 2019 con 12 millóns de toneladas de materiais de construcción.
  • Galicia é líder na produción de cuarzo co 75,3% da produción nacional e o 91% do valor das exportacións nacionais. Galicia é o 5º exportador mundial de cuarzo en toneladas e segundo de Europa tras Alemania; e por valor das exportacións, 2º de Europa tras Noruega.
  • Galicia é líder nacional no subsector balnearios co 20% da oferta e o 26% da cota de mercado nacional.

Datos por subsector 2016

*Explotacións *Empregados *Produción (T) *Produción (€)
Áridos 93 11.126.017 61.452.450  
Cerámica 12 226.393 3.672.446  
Granito 54 373.261 23.420.865   
Lousa 37 440.319 117.865.012  
Rochas industriais 14 1.448.384 37.514.692  
Minaría metálica 1 291 0
Total 211 10.668 13.614.665   243.925.465  
Augas Minerais 13 306 417.038.961 litros   
Balnearios 21 680 253.120 auguistas   
*Explotaciones

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio de Energía Turismo y Agenda Digital.
Nota:
Explotacións activas, dadas de alta como ‘en produción’.

*Empregados

Fonte:
IGE. Instituto Galego de Estatística.

*Produción (T)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio de Enerxía Turismo e Axenda Dixital.

*Produción (€)

Fonte:
Estadística Mineira. Ministerio de Enerxía Turismo e Axenda Dixital.
Nota:
Este é o precio de ‘primeira venta’ da produción a pé de canteira. Non inclúe o valor engadido nos procesos industriais e de comercialización posteriores, que no caso das rochas ornamentais multiplica o valor de última venta.