A MINARÍA, EN CIFRAS

Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandería.

O aproveitamento dos recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública pola súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas por medio de concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións.

ESTATÍSTICA MINEIRA 2018 – GALICIA

  • Galicia representa o 7,2% da produción mineira de España con 254,8 millóns de €
  • Mantense sendo a 4ª comunidade en valor de produción, por detrás de Andalucía, Cataluña e Castela e León , e a 4ª comunidade en % de emprego mineiro, cun 11,3% do total estatal e un total de 3.372 empregos directos. 4.376 contando con Balnearios e instalacións de auga embotellada.
  • Galicia é líder na produción de rocas ornamentais co 36,3% da produción nacional.
  • Galicia é líder na produción de lousa con 42,5% da produción española distribuída en 37 explotacións en toneladas a nivel nacional é do 72,87% e do 73,38% con respecto ao valor total exportado.
  • Galicia é líder mundial na produción de lousa, producindo aproximadamente un terzo da lousa mundial que se utiliza en cubertas.
  • Galicia é líder na produción de granito en bruto de España, co 53,9%, dispoñendo dentro da comunidade de 46 explotacións que representan o 56% das explotacións nacionais. A industria galega do granito é a 2ª máis importante de Europa (tras Italia) e a 4ª do mundo.
  • Galicia é líder nacional en exportación de granito en bruto, sendo o 75,46% das toneladas exportadas e un 61,69% do importe total exportado a nivel nacional.
  • A minería galega abasteceu á sociedade galega en 2018, con 12 millóns de toneladas de materiais de construción.
  • Galicia é líder na produción de cuarzo co 65% da produción nacional e o 94,5% do valor das exportacións nacionais. Galicia é o 5º exportador mundial de cuarzo.
  • Galicia é líder nacional no subsector balneario co 20% da oferta e o 25,18% da cota de mercado nacional.

Datos por subsector 2018

*Explotacións *Empregados *Produción (T) *Produción (€)
Áridos 93 785 10.697.844 55.806.971  
Cerámica 13 66 263.385 4.003.481  
Granito 57 416 379.403 28.086.268   
Lousa 37 1.586   392.699 110.348.782  
Rochas industriais 18 417 1.839.274 41.114.953  
Minaría metálica 1 66 25 175
Total 219 3.336 13.572.630   239.360.630  
Augas Minerais 12 285 395.160.364    
Balnearios 21 563 243.227    
*Explotacións

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio de Energía Turismo y Agenda Digital.
Nota:
Explotacións activas, dadas de alta como ‘en produción’.

*Empregados

Fonte:
Estatística Mineira (Ministerio de Enerxía Turismo e Axenda Dixital) e IGME (Ministerio de Economía e Competitividade).
Nota:
Traballadores directos en explotacións mineiras (non inclúe servizos centrais).

*Produción (T)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio de Enerxía Turismo e Axenda Dixital.

*Produción (€)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio de Enerxía Turismo e Axenda Dixital.
Nota:
Este é o precio de ‘primeira venta’ da produción a pé de canteira. Non inclúe o valor engadido nos procesos industriais e de comercialización posteriores, que no caso das rochas ornamentais multiplica o valor de última venta.