Aínda podes presentar as túas reclamacións sobre o censo electoral

Sharing is caring!

Desde o 30 de xaneiro, o censo electoral está exposto para a súa consulta en virtude do artigo 37 do Regulamento para o Réxime Interior da COMG, aprobado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 05/04/2018. A data límite para a consulta deste documento será o 19 de febreiro de 2020, dispoñible publicamente nas oficinas da COMG e a disposición para os electores nesta web.

Por outra banda, as reclamacións sobre a inclusión ou exclusión de socios votantes en grupos e categorías poden presentarse ata o 5 de marzo de 2020, ben nas oficinas do COMG ou ben por correo electrónico á dirección cmg@camaramineira.org a través deste formulario.