A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais presenta á COMG a súa estratexia de minaría sostible

O pasado 28 de maio, os membros da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia reuníronse coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Durante o encontro Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, e María Coutiño, subdirectora xeral de Recursos Minerais, presentaron a base sobre a que se pretende elaborar a Estratexia Galega de Minería Sostible. Esta estratexia orientará a actividade dos próximos anos cara a un desenvolvemento económico, social e ambiental máis eficiente e racional.

Para este gran proxecto, a Xunta de Galicia contará coa estreita colaboración da COMG para, entre outras cousas:

  • Achegar unha visión global do sector, así como perspectivas futuras.
  • Recompilar información destacada e identificar os axentes relevantes.
  • Participar activamente na elaboración do borrador da estratexia, asesorando en todo momento aos implicados na súa elaboración.