A Costa da Morte celebrou o Xeolodía

Este sábado celebrouse na Coruña o Xeolodía, unha proposta da Sociedade Xeolóxica de España e a Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra para a divulgación xeolóxica nas diferentes provincias españolas.

Este ano participaron a UDC, o Instituto Universitario de Xeoloxía e a Asociación Xeoparque Costa da Morte, promovidos polo xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní.

A actividade partirá ás 9 da mañá da Facultadde de Ciencias de A Zapateira e atravesará diferentes puntos da xeografía coruñesa como o faro de Cabo Vilán, o Monte Blanco, Baldaio e as Illas de San Pedro.