A COMG xa ten presenza en redes sociais

Como complemento á súa renovada web, o venres 14 de xuño, a Cámara Oficial Mineira de Galicia lanzou os seus propios perfís en redes sociais. A creación dos perfís da entidade en Linkedin, Facebook e Twitter ten por obxectivo aumentar a súa visibilidade e crear novas vías de comunicación, tanto cos seus membros como con aquelas persoas e grupos relacionados co sector mineiro galego.

Os perfís, que diariamente mostrarán información actualizada, beberán da información publicada na web da COMG, dos membros da COMG e de contido institucional da Xunta de Galicia ou da Consellería de Economía, Emprego e Industria relativo á minería e ao sector industrial. Así mesmo, achegarase información acerca de xornadas e cursos que poidan resultar de interese para os membros e empresas mineiras.

A creación e mantemento destes perfís responde aos seguintes obxectivos:

• Transparentar as diferentes tarefas levadas a cabo pola COMG.
• Facer difusión das iniciativas, boas prácticas e actividades levadas a cabo polos membros da Cámara.
• Aumentar a notoriedade da COMG na axenda social e económica.
• Servir como fonte de noticias, calendario de formacións e axenda de eventos relacionados co sector.
• Manter unha escoita activa cos membros da Cámara, así como cos asociados e con calquera peyarsona ou entidade relacionada de maneira directa ou indirecta co sector.
• Xerar tráfico á web corporativa, onde hai multitude de información útil para o conxunto de empresas extractivas de Galicia.

Visita os perfís da Cámara Oficial Mineira de Galicia: