A COMG presenta dúas ambiciosas Manifestacións de Interese para o MITECO

O pasado mes de xaneiro, o MITECO lanzou unha nova convocatoria de expresións de interese para solicitar propostas que faciliten a definición das liñas de actuación no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para reactivar a economía fronte á COVID-19.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través do recentemente creado Comité de Innovación e Sustentabilidade, coa colaboración da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, desenvolveu dúas propostas:

  • XERAMINER – Manifestación de Interese (MDI) para identificar mecanismos para o impulso de comunidades enerxéticas locais como ferramenta de recuperación económica fronte a a COVID-19.
  • NEXT MINERAL – MDI para fomentar a economía circular no ámbito da empresa como instrumento para a recuperación.

Ambas as propostas notificáronse ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Na carta de recomendación emitida polo IGAPE considéranse ambas as propostas como unha oportunidade relevante en Galicia, e informouse á COMG que recibiron o apoio institucional para a posible posta en marcha, polo seu interese para a economía galega.

O pasado 26 de febreiro, a COMG enviou ambas as Manifestacións de Interese ao MITECO, de modo que axuden á definición das liñas estratéxicas de actuación nestes ámbitos, cos seus correspondentes mecanismos de financiamento.

O PRTR, presentado polo Goberno no pasado mes de outubro, concíbese como un proxecto orientado á modernización da economía española, a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego, así como á reconstrución sólida, inclusiva e resiliente tras a crise da COVID, dando resposta aos retos da próxima década.

O novo Fondo de Recuperación ‘ Next Generation EU’ permitirá a España mobilizar un volume de investimento sen precedentes: ata 140.000 millóns de euros en transferencias e créditos no próximos seis anos, un 11% do PIB de 2019, o que abre unha oportunidade extraordinaria comparable aos procesos de transformación económica producidos por mor da incorporación ás Comunidades Europeas nos anos 80 ou á creación do Fondo de Cohesión europeo a metade dos 90, e facilitará a modernización da nosa economía para que esa recuperación sexa verde, dixital, inclusiva e social.