A COMG arranca os Obradoiros de Minaría Sostible cun webinar sobre a implantación da UNE 22480

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza a través de Minaría Sostible de Galicia unha serie de obradoiros online dirixidos a técnicos e profesionais do sector mineiro co obxetivo de impartir coñecementos sobre técnicas de minaría sostible.

Serán un total de 3 webinars que se celebrarán ao longo deste último trimestre do ano. En cada xornada intervirán profesionais do sector que usarán a súa experiencia para ofrecer aos asistentes as claves da implantación das normas UNE 22480: 2019 e UNE 22470: 2019, así como exemplos das mellores prácticas para rehabilitar espazos mineiros.

As datas dos obradoiros son as seguintes:

  • 20 de outubro. Minaría Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480 (Sistema de Xestión Mineiro-Mineralúrxica-Metalúrxica Sostible) 1/2.
  • 17 de novembro. Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras. 
  • 15 de decembro. Minaría Sostible. Obradoiro de implantación da UNE 22480 (Sistema de Xestión Mineiro-Mineralúrxica-Metalúrxica Sostible) 2/2.

O primeiro dos webinars terá lugar este mércores e nel explicaranse os beneficios e os pasos para a implantación das certificacións de Xestión de Minaría Sostible UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019. Así mesmo, os asistentes terán a ocasión de resolver as súas dúbidas ao respecto. Podes inscribirte nesta páxina.