A COMG apoiou á Confederación de Empresarios de Galicia na elaboración do informe do anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural

A COMG apoiou á Confederación de Empresarios de Galicia na elaboración do informe do anteproxecto de Lei do Patrimonio Natural de Galicia ante o Comité Económico e Social de Galicia.

En febreiro de 2017, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio someteu a información pública o anteproxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia. Unha vez estudiado dito anteproxecto, o Comité de Normativas da COMG aprobou un informe de alegacións que se presentou ante o órgano competente, co obxectivo de defender os intereses do sector.

As principais alegacións que se presentaron dende a COMG consistiron en modificacións encamiñadas a:

  • Que non se introduza, directa ou indirectamente, a prohibición da actividade mineira, valorándose na tramitación ambiental a súa compatibilidade cos distintos ámbitos e sendo preceptivo, antes da súa aprobación, o informe do órgano competente.
  • Incorporación aos titulares de dereitos sobre os territorios incluídos nos espazos naturais e tendo en consideración os recursos naturais de orixe xeolóxica.
  • Inclusión de todos os corpos consultivos afectados.
  • Optar por conceptos explícitos a fin de evitar interpretacións erróneas que poidan derivar en inseguridade xurídica.
  • Consideración dos recursos naturais de orixe xeolóxica como bens de dominio público, así como a súa investigación e aproveitamento.

Posteriormente, en 2018, o citado Comité volveu analizar o borrador do anteproxecto para comprobar que alegacións foran tidas en conta e cales desestimadas.

En marzo de 2019 solicitouse ao Consello Económico e Social de Galicia (CES) un ditame en relación co citado anteproxecto, por tratase dun organismo competente.