|
A actividade mineira constitúe unha das profesións con máis risco, tanto polo tipo de traballo como polos métodos utilizados. Esta realidade esixe de todas as partes implicadas -administracións públicas, empresas e persoal- a maior atención e esforzo para que a actividade se desenvolva coas máximas garantías de prevención.
A minaría sempre foi obxecto de lexislación especial en materia de seguridade e saúde e, aínda que nos últimos anos están a levarse a cabo esforzos importantes para reducir os índices de sinistralidade no sector, hai que seguir traballando na mellora da seguridade das explotacións e na eliminación de accidentes e enfermidades profesionais.
A seguridade laboral foi e é unha preocupación constante nas explotacións mineiras, como demostra a promulgación en 1984 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira e as súas correspondentes Instrucións Técnicas Complementarias, adiantándose once anos á Lei de Prevención de Riscos Laborais (1995).
|